Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (939/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 939/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Mosquera Barreiro contra a empresa Hierros Touriño Santiago, S.A., Hierros Touriño, S.A., Adegas D’Altamira, S.L., Fogasa, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por José Luis Mosquera Barreiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo nº 201, e contra Hierros Touriño Santiago, S.A., Hierros Touriño, S.A., Adegas D’Altamira, S.A., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal correspondente ao período de IT por enfermidade común no cal estivo incurso desde o 1.3.2013 ata o 17.3.2014 cunha base reguladora diaria de 47,82 euros e, en consecuencia, a que se lle aboen en concepto de diferenzas xurdidas na prestación de IT entre o percibido e o que debeu percibir a suma de 1.261,12 euros brutos, condeno os demandados a estar e pasar pola devandita declaración e a que lle aboen ao demandante a suma indicada de 1.261,12 euros brutos, e condeno a Hierros Touriño Santiago, S.A. como responsable directa da totalidade da devandita suma por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da devandita cantidade por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo nº 201, e das accións de reembolso que lle correspondan a esta contra a empresa demandada por razón da infracotización; e con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Gallega, e debo absolver e absolvo a Hierros Touriño, S.A., Adegas D’Altamira, S.A. e o Fogasa das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hierros Touriño, S.A., Adegas D’Altamira, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza