Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (463/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 463/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Inés Fraga Martínez contra a empresa 4 Cromia, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que debo estimar e estimo o escrito de demanda presentado por Inés Fraga Martínez fronte á empresa 4 Cromia, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á traballadora a cantidade de 7.435,42 euros en concepto de cantidades salariais devindicadas e impagadas á traballadora xunto coa cantidade de 743,54 euros, en concepto do 10 % de xuro anual devindicado ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución xudicial a todas as partes acudidas, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, para presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao de notificación da presente ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, previas consignacións legais fixadas para ese efecto, de acordo co disposto na norma procesual de aplicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a 4 Cromia, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza