Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12481

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1017/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1017/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Leis Fontán contra Urbanizadora Parque Laracha, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, CRC Obras y Servicios, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Javier Leis Fontán contra as entidades Urbanizadora Parque Laracha, S.L. e CRC Obras y Servicios, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Urbanizadora Parque Laracha, S.L. e CRC Obras y Servicios, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.306,96 euros brutos por salarios devindicados en xaneiro e febreiro de 2014, pagas extra de Nadal 2013 e xuño 2014, e a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2014, e 624 euros brutos por horas extras realizadas entre decembro de 2013 a febreiro de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 722,95 euros como indemnización por fin de contrato. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Urbanizadora Parque Laracha, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza