Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (165/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 165/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Vázquez Sieira contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Antonio Toucedo Torrado, Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín-Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Covaial, S.L., Estructuras Insulares, S.L., Cubiertas y Mzov, S.A., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L., Construcciones Coedo, S.A., José Rey Rodríguez, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Francisco Vázquez Sieira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo nº 201, Antonio Toucedo Torrado, Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín-Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Covaial, S.L., Estructuras Insulares, S.L., Cubiertas y Mzov, S.A., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L., Construcciones Coedo, S.A. e José Rey Rodríguez, debo absolver e absolvo os demandados das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Copedra Canarias, S.L., Constructora Emar y Ordóñez, S.L., Jardín-Plan, S.A., Afonso Marrero Samuel, Construcures, S.L., Fuercoyre, S.L., Stella Canaris, S.A., Estructuras Insulares S.L., Pesado Silva, S.L., Construcciones Infuer, S.L., Salfuer España, S.L., Construcciones Coedo, S.A. e José Rey Rodríguez, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza