Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 23/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 23/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Losada Ruibal, Francisco Diéguez Otero, José Manuel Ferreiros Camiña, Efrén García Baqueta, Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, Jesús Romero Romero e José Manuel Lourido González contra Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L. sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza de data 18.2.2016, aclarada por auto de data 18.3.2016, ditada no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número de autos 422/15 a favor dos executantes, José María Losada Ruibal, Francisco Diéguez Otero, José Manuel Ferreiros Camiña, Efrén García Baqueta, Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, Jesús Romero Romero e José Manuel Lourido González, fronte a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., parte executada, por importe de 65.475,81 euros en concepto de principal (correspondendo a Andrés González Ríos 9.986,40 euros; a Juan Carlos Parguiña Bayón, 8.043,45 euros; a José María Losada Ruibal, 3.823,76 euros; a Efrén García Baqueta, 9.290,88 euros; a Jesús Romero Romero, 9.262,08 euros; a José Manuel Ferreiros Camiña, 7.561,72 euros; a José Manuel Lourido González, 8.189,28 euros, e a Francisco Diéguez Otero, 9.318,24 euros) e de 6.547,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Constando no Rexistro Civil Central a disolución da entidade executada, practíquese a indagación patrimonial do executado.

Descoñecéndose a inexistencia de bens do executado, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L. acordo dar audiencia previa á parte demandante José María Losada Ruibal, Francisco Diéguez Otero, José Manuel Ferreiros Camiña, Efrén García Baqueta, Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, Jesús Romero Romero e José Manuel Lourido González e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado de acordará o procedente.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza