Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (18/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Morales Cajaraville contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante, Alfredo Morales Cajaraville, contra Lineanorte Multiservicios, S.L., parte executada.

Tendo presentado o traballador Alfredo Morales Cajaraville escrito en que exixe o cumprimento por parte da empresaria Lineanorte Multiservicios, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución de sentenza con data do 15 de setembro de 2016, ditada no procedemento de despedimento 217/2016, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), acordo citar de comparecencia as partes coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse e fixo o vindeiro 23 de marzo de 2017, ás 9.45 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou a persoa que o/os represente, tera(n)se por desistido/s na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado por medio de edictos.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza