Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 17 de febreiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea A.F. I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea A.F. I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 17 de febreiro de 2017, Antonio Mariño Suárez solicita autorización para a transmisión mortis causa mediante contrato sucesorio cos seus descendentes da concesión administrativa e da batea A.F. I.

Segundo. O solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedemento.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro; coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceiro. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante contrato sucesorio, a favor dos seus descendentes María Teresa Mariño Piñeiro (52933506H) e José Antonio Mariño Piñeiro (76967669D), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: A.F. I.

Localización: polígono nº 188. Cuadrícula: E. Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis)

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Antonio Mariño Suárez (35395492X) 100 % privativo.

Novos titulares: María Teresa Mariño Piñeiro (52933506H) 1/2 privativo e José Antonio Mariño Piñeiro (76967669D) 1/2 privativo.

Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de febreiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña