Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade a diversas resolucións do 15 de febreiro de 2017 polas cales se ratifican as adaptacións dos estatutos de varias confrarías de pescadores.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, fanse públicas as resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 15 de febreiro de 2017 polas que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos das confrarías de pescadores que se relacionan no anexo e se acorda a súa inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Confraría de pescadores

Data da resolución de
ratificación dos estatutos

Inscrición no Rexistro de Confrarías e das súas Federacións

Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona

15 de febreiro de 2017

Tomo II, libro 8 - Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, volume 1

Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa

15 de febreiro de 2017

Tomo II, libro 3 - Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa, volume 1

Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela

15 de febreiro de 2017

Tomo II, libro 11 - Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela, volume 1

Confraría de Pescadores Virxen do Monte de Camariñas

15 de febreiro de 2017

Tomo II, libro 14 - Confraría de Pescadores Virxen do Monte de Camariñas, volume 1

Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia

15 de febreiro de 2017

Tomo II, libro 41 - Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, volume 1