Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai público o inicio dos traballos de investigación da propiedade na zona de reestruturación parcelaria de Benza (Trazo-A Coruña).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na reestruturación parcelaria da zona de Benza (Trazo, A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 2289/1968, do 16 de agosto (BOE núm. 231, do 25 de setembro), que se van iniciar os traballos de investigación da propiedade no lugar habilitado para o efecto na parroquia. Os traballos darán comezo o día seguinte ao da publicación deste aviso e prolongarase durante o tempo necesario.

Requírense os propietarios, arrendatarios, parceiros e, en xeral, os cultivadores e titulares de calquera dereito para que, dentro do citado prazo, presenten ao persoal encargado dos citados traballos os títulos ou documentos en que fundamenten os seus dereitos e declaren, en todo caso, os gravames ou situacións xurídicas que afecten os seus predios ou os seus dereitos.

Advírtese que os predios dos propietarios que non aparecesen neste período serán considerados como predios de descoñecidos e daráselles o destino previsto nas leis, correspondendo a súa titularidade, en último termo, á Administración do Estado. Advírtese tamén que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e perdas que deriven desta.

Os traballos de reestruturación afectarán a totalidade das parcelas pertencentes á parroquia de Benza, do concello de Trazo. Por tanto, os seus propietarios deberán, no seu propio interese, ademais de faceren a declaración das súas parcelas, seguir o desenvolvemento dos traballos de reestruturación para facer valer os seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña