Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN661A 2002/7-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 29 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a ampliación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, referida ao proxecto do parque eólico Muxía II no concello de Muxía na provincia da Coruña (expediente IN661A 2002/7-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2002/7-1.

Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación: parque eólico Muxía II.

Concello: Muxía (A Coruña).

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº de predio: 1062.

Propietaria: Consuelo Canosa Conde.

Datos catastrais: polígono 501; parcela: 186; paraxe: Estivada Vella; Concello: Muxía.

Superficies afectadas:

Servidume de paso: 20 m2 por vía.

Zapata, plat. (plataforma), torre anemométrica: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados polas zapatas e plataformas dos aeroxeradores e para a torre anemométrica, así como os noiros e terrapléns que se necesitan para a súa construción.

Set. (subestación): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados para a instalación da subestación transformadora e o edificio de control.

Voo: servidume de voo dos aeroxeradores, afecta a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores.

Gabia: servidume de paso da liña subterránea de media tensión.

Vía: servidume de paso dos camiños polos cales circularán persoas, vehículos e maquinaria durante a construción do parque, así como durante a etapa do seu mantemento.

Prot. eólica: superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permitir a libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador.