De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 29 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a ampliación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Vimianzo e Muxía, na provincia da Coruña (expediente IN407A 2007/396-1).
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 16 de febreiro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2007/396-1.
Solicitante: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación: liña de evacuación 66 kV sub. Vimianzo-sub. Muxía.
Concellos: Vimianzo e Muxía (A Coruña).
Relación de propietarios, bienes e dereitos afectados:
Nº de predio: 228.
Propietaria: Mª Carmen Lema Martínez.
Datos catastrais: polígono 32; parcela: 52; paraxe: Prado da Pallagueira; Concello: Muxía.
Superficies afectadas:
Voo: 245 m2 por voo.
Nº de predio: 230-1.
Propietaria: Carmen López Rodríguez.
Datos catastrais: polígono 32; parcela: 298; paraxe: Prado da Pallagueira; Concello: Muxía.
Superficies afectadas:
Voo: 2 ml e 56 m2 por voo.
Nº de predio: 287.
Propietaria: Ofelia Luaces Blanco.
Datos catastrais: polígono 30; parcela: 38; paraxe: As Aferroas; Concello: Muxía.
Superficies afectadas:
Voo: 49 m2 por voo.
Zapata, plat. (plataforma), torre anemométrica: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados polas zapatas e plataformas dos aeroxeradores e para a torre anemométrica, así como os noiros e terrapléns que se necesitan para a súa construción.
Set. (subestación): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados para a instalación da subestación transformadora e o edificio de control.
Voo: servidume de voo dos aeroxeradores, afecta a zona comprendida dentro do diámetro de cada un dos aeroxeradores.
Gabia: servidume de paso da liña subterránea de media tensión.
Vía: servidume de paso dos camiños polos cales circularán persoas, vehículos e maquinaria durante a construción do parque, así como durante a etapa do seu mantemento.
Prot. eólica: superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permitir a libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador.