Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2017 Páx. 12293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade dunha autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Pizarras Pijarma, S.L., con último domicilio coñecido en Campillín, nº 3, 27400 Ponferrada, o acordo de incoación do expediente de caducidade de autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A), Cantera Valmarín, nº 189, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Ao dito acordo de iniciación poderanse achegar, nun prazo de dez días, cantas alegacións, documentos ou informacións se consideren oportunas, segundo o artigo 73 e seguintes la Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 25 de febreiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo