Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (350/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 350/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Cela Taboada contra o Fondo de Garantía Salarial, Paorga, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por David Cela Taboada contra Paorga, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que aboe ao demandante a suma de 9.102,23 euros polo concepto sinalado no feito probado terceiro da presente resolución, máis o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a devandita suma devindicado desde a data de interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, debendo observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte o da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza