Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11057

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 388/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 388/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Magán Fonseca contra a empresa Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Cristian Magán Fonseca contra Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.840,84 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento Integral de Voz y Datos del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza