Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 38/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 38/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Barreiro Vigo contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., foron ditadas as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel Barreiro Vigo, contra Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 4.773,59 euros en concepto de principal (3.636,24 euros máis 1.092,30 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 45,05 euros de xuros do artigo 1.108 CC), máis outros 477,35 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á súa constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., Fogasa, dar audiencia previa á parte demandante José Manuel Barreiro Vigo e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres (3) días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza