Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (120/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Tojeiro López contra Rufei Sun y otro, S.C., se ditou a seguinte resolución:

«Acordo declarar o executado Rufei Sun y otro, S.C. en situación de insolvencia total por importe de 11.303,77 € en concepto de principal, máis outros 1.130,37 € que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

E, para que sirva aos efectos de publicidade, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza