Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de febreiro de 2017 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición (expediente IU2/33/2012).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de decembro de 2016, resolución pola que se lle impón unha quinta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/33/2012 a David Blanco Alonso como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 23 de xaneiro de 2013, que ordenaba a demolición dunha vivenda unifamiliar prefabricada de planta baixa cunha superficie de 32 m2, instalada sobre unha planta semisoto composta de cimentación estrutura de formigón (vigas e piares), forxado de teito de formigón e paramentos realizados mediante fábrica de bloques de formigón cunha superficie de 50 m2, promovidas polo interesado no lugar de Millarada, Vilar de Infesta, 159, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 61 da LRXPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística