Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de febreiro de 2017 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU2/107/2010).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 23 de decembro de 2016, unha resolución pola que se lle impón unha sexta multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/107/2010 a María Juliana Fernández Cordero como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 7 de xuño de 2011, que ordenaba a demolición dunha edificación que consta de semisoto, planta baixa e planta primeira, e dunha edificación con tipoloxía de alboio ou caseta prefabricada, promovidas pola interesada na parcela con referencia catastral 36008A003005700000JM, no lugar de Vilanova, O Hío, no termo municipal de Cangas, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento, do artigo 61 da LRXPAC, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística