Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 14/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iñigo Arbelaiz Martínez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza do 9.12.2016 ditada no procedemento ordinario 81/16 a favor da parte executante, Iñigo Arbelaiz Martínez, fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., parte executada, por importe de 8.240,52 euros en concepto de principal, máis outros 824 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Iñigo Arbelaiz Martínez e ao Fondo de Garantía Salarial, por prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza