Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 138/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 138/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bruno Otero Abal contra a empresa Marcauto Corbillón, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Acordo:

a) Declarar o executado Marcauto Corbillón, S.L. en situación de insolvencia por importe de 16.073,67 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcauto Corbillón, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza