Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 621/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 621/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Federico Picallo Valiño contra a empresa Serpremiga, S.L., con intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 621/2014, nos cales son parte, dun lado, como demandante, Enrique Federico Picallo Valiño, representado pola letrada María Román Capelán, e, como demandada Serpremiga, S.L., que non comparece, con intervención procesual del Fogasa, que non comparece, [sobre] cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, despois de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte en CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Enrique Federico Picallo Valiño, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Serpremiga, S.L. a aoar ao demandante a cantidade de 14.582,82 euros, máis o 10 % de xuro por demora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que o debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Serpremiga, S.L., en ignorado paradoiro, e a José Pablo Paredes Rodríguez, administrador único, en nome e representación daquela, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza