Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 191/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Picanes Mosquera contra Studios Middelburg, S.L., Duna Playa, S.A., Elmasant CRT, S.L., Diego Miguel García González, Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, sete de febreiro de dous mil dezasete

Antecedentes de feito

Primeiro. Ana María Picanes Mosquera presentou demanda de execución fronte a Studios Middelburg, S.L., Duna Playa, S.A., Elmasant CRT, S.L., Diego Miguel García González, Fogasa.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución en data 19 de xuño de 2014 por un total de 51.563,55 euros [15.821,79 euros en concepto de salarios debidos + 676,22 euros de xuro de mora (10 % do artigo 29.3 do ET de 15.821,79 euros desde a data da acta de conciliación ante o SMAC ata a data da sentenza, que son 156 días) en concepto de principal e de 5.156,36 euros en concepto provisional de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Cumprida a obriga en canto ao principal pasaron os autos á mesa da letrada da Administración de xustiza para a práctica da oportuna liquidación de xuros, e aprobáronse por un total de 6.251,01 euros.

Cuarto. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 648,17 euros, despois de reducirse os xuros reclamados á suma de 5.566,84 euros. Déuselles audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Ana María Picanes Mosquera tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas, co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Studios Middelburg, S.L., Duna Playa, S.A., Elmasant CRT, S.L., Diego Miguel Garcia Gonzalez en situación de insolvencia parcial por importe de 5.566,84 euros en concepto de xurosolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicalo no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluílo tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, co indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Studios Middelburg, S.L., Elmasant CRT, S.L., Diego Miguel García González, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza