Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10558

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (809/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 809/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores García Jamardo contra José Pereira García, Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., María Dolores Regueira Felpete, Raúl Rey Santos e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«Acordo suspender o acto de conciliación/xuízo sinalado para o día de hoxe ás 11.10 horas e sinalar este novamente para o día 26 de abril de 2017, ás 11.50 horas. As partes comparecentes no día de hoxe quedan citadas neste acto e cítase a través da notificación desta resolución a Montserrat Trillo Nouche en nome e representación de Raúl Rey Santos.

Ter por desistida a parte demandada, Stephan Milos Kovach Omote, e continuar a acción respecto do resto de demandados».

Para que sirva de notificación en legal forma a Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L. e Grupo Omote, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza