Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10554

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (193/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 193/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Rodríguez Alonso e Agustín Valladares Rodiño contra Compañía de Proteccion y Vigilancia Galaica, S.A., sobre ordinario, se acordou:

Declarar o executado Compañía de Proteccion y Vigilancia Galaica, S.A., en situación de insolvencia por importe de 14.008,98 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Proteccion y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza