Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (635/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 635/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuela Parafita Parafita contra Sumtec, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Administración concursal de Sumtec, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuela Parafita Parafita, contra a entidade Sumtec, S.L., e a Administración concursal de Sumtec, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Sumtec, S.L., a súa Administración concursal, a que aboe ao demandante a cantidade de 207,12 € líquidos, por salarios percibidos en xullo de 2015 e 21.107,84 € brutos polo salarios percibidos entre outubro de 2014 y xuño de 2015, e de setembro de 2015 ao 27 de xaneiro de 2016, ambos os dous inclusive, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. A maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Sumtec, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza