Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (351/2016).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 351/2016 por instancia de Rocio Mosquera Liñares contra a empresa Confecciones Deus, S.L., a empresa Strass Textil, S.L., as empresas Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora e Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L, Confección Ideal, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, nos cales recaeu auto de aclaración de sentenza o 7 de febreiro de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

Sentenza.

Na Coruña o 11 de xaneiro de 2017

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 351/2016, no cal figura como demandante Rocio Mosquera Liñares, asistida polo letrado Sr. Gende Periscal, e, doutro, como demandadas, as empresa Confecciones Deus, S.L., asistida polo letrado Sr. García Vilaboy, a empresa Strass Textil, S.L., asistida pola letrada Sra. Vasallo Rapela, e as empresas Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L, Deus Deluxe, S.L., Confección Ideal, S.L., sen que ningunha delas compareza, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre resolución de contrato e cantidade pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

[...]

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Fraga, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., e Confección Ideal, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

O secretario xudicial