Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 1 de marzo de 2017 Páx. 10548

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (232/2015).

Matías Recio Juárez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Carlos Picallo Tarrío fronte a Andrea Batista Pereira ditouse sentenza o 21.9.2016 que é do teor literal seguinte, que se transcribe na súa parte necesaria, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Encabezamento

Sentenza

Xuíz que a dita: Alejandra Iglesias Cereijo

Lugar: A Estrada

Data: 21 de setembro de 2016

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.

Vistos por min, Alejandra Iglesias Cereijo, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, os autos de divorcio 232/2015, interposto por Carlos Picallo Tarrío, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Puente Fernández e asistido de letrado José Francisco Parada Caramés, contra Andrea Batista Pereira, declarado en situación de rebeldía procesual. Intervén nos autos o Ministerio Fiscal.

Resolución

Estímase a demanda formulada por Carlos Picallo Tarrío, representado pola procuradora Sra. Puente Fernández, contra Andrea Batista Pereira, declarada en situación de rebeldía procesual.

Declaro

1. Disolto por divorcio o matrimonio contraído entre os litigantes o 3 de novembro de 2007, con todos os efectos legais que esta declaración comporta.

2. Outórgase a garda e custodia do fillo menor a Carlos Picallo Tarrío.

3. A patria potestade será exercida exclusivamente por Carlos Picallo Tarrío.

4. Imponse a Andrea Batista Pereira unha pensión de alimentos de 160 euros, que se ingresará nos cinco primeiros días do mes na conta designada para o efecto, actualizándose a devandita cantidade conforme o IPC anual que publique o INE ou organismo que o substitúa na data un de xaneiro de cada ano.

5. Os gastos extraordinarios aboaranse ao 50 % por ambos os proxenitores, terán tal consideración: gastos odontolóxicos non cubertos pola Seguridade Social, revisións tratamentos e aparatos dentais necesarios; gastos derivados de matrícula do conservatorio de música; libros, material e instrumentos relacionados co ensino musical do menor; gastos derivados das necesidades oftalmolóxicas do menor, lentes, lentes de contacto, tratamentos e operacións necesarias para diminución das dioptrías e análogos; gastos derivados de actividades extraescolares organizadas polo centro educativo, excursións, talleres e actividades deportivas; actividades deportivas organizadas por federacións deportivas.

Non procede facer especial pronunciamento sobre custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación que resolverá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Unha vez firme esta sentenza, remítase testemuño desta ao Rexistro Civil para que se faga a oportuna anotación marxinal no asento correspondente ao matrimonio dos cónxuxes que afecta.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenza.

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, encontrándose a demandada Andrea Batista Pereira con domicilio e paradoiro descoñecido, expídese o presente, co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

A Estrada, 11 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza