Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (383/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 383/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ermitas Precedo Barros contra Empresa Oshum Hosteleros, S.C., María Lourdes Aldrey Míguez, Humberto Neira Aldrey, Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 383/2013 seguidos por instancia de Ermitas Precedo Barros, asistida e representada pola graduada social Sra. Durán Fernández, contra a entidade Empresa Oshum Hosteleros, S.C., Humberto Neira Aldrey y Fogasa, que non comparecen neste acto malia estaren debidamente citados, e contra Mª Lourdes Aldrey Míguez que comparece persoalmente, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a sociedade demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 12.950,33 euros, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento ata a data da presente resolución sobre a cantidade de 12.654,09 euros (indemnización por despedimento obxectivo) e os xuros previstos no artigo 29.3 do ET que devindicasen sobre o resto de cantidades reclamadas en concepto de salarios, é dicir, sobre a cantidade de 296,24 euros, ademais dos xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. Deberá facerse extensible a responsabilidade con carácter solidario aos socios da dita entidade.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596 clave 65; deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Para que sirva de notificación en legal forma a Empresa Oshum Hosteleros, S.C. (Reina Lupa) y Humberto Neira Aldrey, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza