Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1040/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1040/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Ángel Barreiro Villaverde contra Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Mauro Antonio Puga Martínez e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Eduardo Ángel Barreiro Vilaverde, asistido pola letrada Sra. Vázquez Martínez, contra a entidade Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., o seu administrador concursal Maruo Antonio Puga Martínez e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 16.252,29 euros/brutos, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento ata a data da presente resolución sobre a cantidade de 15.991,5 euros (indemnización por despedimento obxectivo) e os xuros previstos no artigo 29.3 do ET que devengarán sobre o resto de cantidades reclamadas en concepto de salarios, é dicir sobre a cantidade de 1.064,51 euros, ademais dos xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno o administrador xudicial a avirse á anterior declaración.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza