Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10200

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (495/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 495/2014 por instancia de José Costa Costa contra a empresa Alucasa Montajes, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 31.1.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por José Costa Costa fronte á empresa Alucasa Montajes, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Alucasa Montajes, S.L. a aboarlle a José Costa Costa a cantidade de oito mil novecentos vinte e sete euros con sete céntimos de euro (8.927,07 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alucasa Montajes, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial