Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (480/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 480/2014 por instancia de Henar González Soler contra a empresa Kuan Ti Business, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 31.1.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Acéptase a demanda formulada por Henar González Soler fronte á empresa Kuan Ti Business, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Kuan Ti Business, S.L. a aboarlle a Henar González Soler a cantidade de setecentos vinte e tres con cincuenta e catro euros (723,54 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Kuan Ti Business, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial