Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (873/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 873/2014 por instancia de José Miguel Millán contra as empresas Lansu Galicia, S.L.; Alansu, S.L., a empresa Hera Holding Hábitat Ecología y Restauración Ambiental, S.L.; o administrador concursal de Alansu Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 26.1.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Admítese a demanda formulada por José Miguel Millán Durán fronte a Alansu Galicia, S.L.; Alansu, S.L. e Hera Holding Hábitat Ecología y Restauración Ambiental, S.L. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Alansu Galicia, S.L. a aboarlle a José Miguel Millán Durán a cantidade de oito mil cincocentos corenta e tres euros con cincuenta céntimos de euro (8.543,50 euros). Os conceptos salariais xeran un xuro moratorio do 10 %, responde solidariamente das devanditas cantidades a empresa Alansu, S.L. e vincúlanse estas ao administrador concursal da primeira Sr. González García.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alansu Galicia, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial