Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1002/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1002/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Someso Anguita contra Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo) e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 1002/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Beatriz Someso Anguita, representada pola letrada Isabel Gil Sánchez, contra Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación e contra o Fogasa, todos eles non comparecidos, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Beatriz Someso Anguita e condeno a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación a que aboe á demandante as seguintes cantidades:

– 4.662,07 euros, correspondentes ao 60 % da indemnización por despedimento;

– 3.396,93 euros, correspondentes ás mensualidades, máis o 10 % de xuro por mora, aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentencia leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación (Fundefo), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza