Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (835/2014).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 835/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lidia González Fernández contra Fondo de Garantía Salarial, Gecreri, S.L., Azetanet Consultoría y Formac., sobre ordinario, se ditou resolución con data do 3 de febreiro de 2017, contra a cal non cabe interpor recurso por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 11.13 da LRXS. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gecreri, S.L., Azetanet Consultoría y Formac., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de febreiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza