Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9873

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2016).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento ORD 80/2016 seguido por instancia de Rivasher, S.L. fronte a Cousa, S.A.E. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 145/2016.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: Rivasher, S.L.

Avogado: Sr. Díez García.

Procuradora: Sra. Regueiro Muñoz.

Demandada: Cousa, S.A.E. (en rebeldía).

Obxecto: declarativa de dominio e rectificación de asentos rexistrais.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016

Resolución:

Estimo integramente a demanda presentada por Rivasher, S.L. contra Cousa, S.A.E., e en consecuencia:

1. Declaro que a entidade Rivasher, S.L. é propietaria, en pleno dominio, da participación indivisa de dúas vixésimo segundas partes do terreo rexistral número 1612. Urbana. Número dous. Local destinado a prazas de garaxe situado no soto un, do que é parte e ao cal se accede a través dunha rampla de acceso que o comunica directamente á rúa. Pertencente á casa número dous e catro da rúa Alférez Provisional, na cidade de Santiago de Compostela. Superficie útil de 569 m2. Lindeiros. Fronte: subsolo da rúa Alférez Provisional. Dereita: posesións do señor Barcia Castelao e señor Raposo Rodríguez e rampla de acceso. Esquerda, posesións do señor Otero Núñez e outros -Edificio Apolo-. Fondo: local número un deste mesmo soto. Cota de participación: seis enteiros; que consta inscrita no Rexistro da Propiedade: terreo 35.356, folio 141, libro 485, tomo 842, que figura baixo o mencionado número 1612, polo seu traslado á sección segunda do municipio de Santiago, no folio 134, libro 319, tomo 1277 da devandita sección segunda; participación indivisa de dúas vixésimo segundas partes que corresponde ás prazas de garaxe números 13 e 14 do edificio sito nos números 2 e 4 da antiga rúa Alférez Provisional, hoxe Santiago del Estero; e condeno a demandada, Cousa, S.A.E a avirse a esta declaración de dominio.

2. Que, como consecuencia da devandita declaración, se expida mandamento ao Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela co fin de que proceda a inscribir esa participación indivisa de dúas vixésimo segundas partes do predio rexistral número 1612 anteriormente descrito a nome da entidade Rivasher, S.L.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros.

O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Cousa, S.A.E., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza