Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9876

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 436/2014).

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Diana Vales Lagoa, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de divorcio contencioso rexistrados co número 436/2014 en que interviñeron, como demandante, María Yolanda Romeo Pérez, asistida do letrado Salvador Fernández Franco e representada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, e como demandado Nicolae Juravle, declarado en rebeldía procesual...

Decido.

Que, estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, en nome e representación de María Yolanda Romeo Pérez, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Yolanda Romeo Pérez e Nicolae Juravle con todos os efectos previstos na lei e confirmo que a patria potestade da menor Helena Juravle Romeo será compartida por ambos os proxenitores e que a nai terá a garda e custodia e un réxime de visitas a favor do pai de dous días á semana para cando o pai veña ao domicilio da nai, desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas de cada día, isto é, sen pernoita, avisando a nai con, polo menos, 15 días de anticipación ao desfrute deses días; e confirmo que o pai deberá aboar na conta designada pola nai en concepto de pensión de alimentos a favor de Helena Juravle Romeo a contía de 150,00 euros mensuais pagadoiros nos primeiros cinco días de cada mes e actualizables anualmente conforme o IPC ou índice que o substitúa, medidas acordadas en auto do 28 de xullo de 2015 dentro da peza de medidas provisorias coetáneas nº 436/2014, e ademais ambos os proxenitores están obrigados a pagar por metade os gastos extraordinarios da filla como dentista, médicos, clases particulares, viaxes de fin de curso e actividades extraescolares».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Nicolae Juravle, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza