Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (536/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 536/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Francisco Luis González Fraga contra Insmega, S.L e outros, sobre seguridade social, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

«Dispoño:

Dar por desistido a Francisco Luis González Fraga da súa demanda fronte a Insmega, S.L. e outros, en materia de seguridade social, e arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución. Asinado, a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Insmega, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza