Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9871

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (LSG 1451/2015).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, por medio deste anuncio:

Que, no presente procedemento liquidación de sociedade de gananciais 1451/2015, seguido por instancia de Teresa Morais Ribeiro fronte a Manuel Pereira Fernández, ditouse un auto cuxo extracto di literalmente o seguinte:

«Auto nº 1127/2016.

Xuíza/maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 4 de outubro de 2016.

Parte dispositiva

Acordo:

1. Aprobar o acordo sobre a formación de inventario seguido por instancia da procuradora Lucía Saco Rodríguez, en nome e representación de Teresa Morais Ribeiro, contra Manuel Pereira Fernández, fixando como inventario da sociedade de gananciais formada no seu día por Teresa Morais Ribeiro e Manuel Pereira Fernández:

A) Activo:

1. Urbana: número 29. Vivenda situada na planta terceira e sinalada coa letra F, da avenida de Celanova, nº 98, A Valenzá (Ourense).

Inscrición: Rexistro da Propiedade número 2 de Ourense, no tomo 1256, libro 68, folio 100, predio 7190, inscrición 3ª.

Valor: 125.000 euros.

2. Praza de garaxe: vinte e sete coma cincuenta enteiros de trescentas sesenta avas partes indivisas (27,50/360) do predio número dous ou soto segundo ou local destinado a garaxes, do edificio situado na avenida de Celanova, nº 98, A Valenzá (Ourense). Non está inscrito no Rexistro da Propiedade.

Valor: 18.000 euros.

B) Pasivo:

1. Préstamo hipotecario do 31 de outubro de 2002, subscrito coa entidade Banco Español de Crédito, S.L. por importe total de 78.131 euros.

2. Dereito de crédito fronte á sociedade de gananciais polo importe da cota hipotecaria aboada integramente pola esposa desde a data do divorcio, cuxo importe actual, en setembro de 2016, ascende á cantidade de 31.048,62 euros, sen prexuízo de ulterior liquidación.

2. Expedir testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos, incorporando o orixinal ao correspondente mazo.

3. Unha vez que esta resolución sexa firme, expídanse e entréguenselles ás partes comparecidas os testemuños da presente resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 da LAC).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza».

E posto que o dito demandado, Manuel Pereira Fernández, se atopa en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación de forma legal.

Ourense, 4 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza