Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 12 de decembro de 2016, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Quinta do Tribunal Supremo.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 12 de decembro de 2016, ditou sentenza no recurso de casación núm. 3137/2015, contra a sentenza pronunciada, con data do 25 de xuño de 2015, pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 4221/2014, interposto por Manuel Nieto Carballeda, Luis González González e Aurora Álvarez Dopazo. Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«1º. Que debemos declarar e declaramos que procede o recurso de casación 3137/2015, interposto por Manuel Nieto Carballeda, Luis González González e Aurora Álvarez Dopazo, contra a sentenza ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de xuño de 2015, no recurso contencioso-administrativo 4221/2014.

2º. Que debemos anular e anulamos, e casamos a citada sentenza.

3º. Que debemos aceptar e aceptamos o recurso contencioso-administrativo 4221/2014, formulado por Manuel Nieto Carballeda, Luis González González e Aurora Álvarez Dopazo contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 7 de febreiro de 2014, pola que foi definitivamente aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Monterrei (publicada no DOG do 19 de febreiro e no BOP de Ourense do 21 de marzo).

4º. Que declaramos a dita orde e o Plan xeral de ordenación urbana de Monterrei, aprobado por esta, contrarios ao ordenamento xurídico e, en consecuencia, anulámolos.

5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas en instancia e en casación.

6º. Publíquese a resolución desta sentenza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo».

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo