Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada para a contratación do servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural nas catro provincias galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020 (expediente 75/2016 CN).

No Diario Oficial de Galicia núm. 29, do 10 de febreiro de 2017, publicouse a Resolución do 3 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural nas catro provincias galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2017, ao abeiro do disposto no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, acórdase a prórroga do prazo de presentación de proposicións, que comezará a computar de novo desde o día seguinte ao da data do envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea. Este envío realizouse o 16 de febreiro de 2017, polo que o prazo de presentación de proposicións finaliza o 28 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio