Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 8940

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 12 de xaneiro de 2017 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2017.

Por Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 12 de xaneiro de 2017 aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2017 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro).

O anexo A da citada resolución establece a relación de tripulantes por embarcación autorizados para participaren neste plan de aproveitamento.

Con data do 6 de febreiro de 2017, o patrón maior da confraría de pescadores Virxe do Carme de Rianxo solicitou a modificación dun dos dous tripulantes autorizados da embarcación Espada, con matrícula 3ª VILL-3-9473.

Resolución:

Visto o exposto, acórdase a modificación dun dos dous tripulantes da embarcación Espada con matrícula 3ª VILL-3-9473 do anexo A da Resolución do 12 de xaneiro de 2017, e os tripulantes autorizados para participaren neste plan pasan a ser os seguintes:

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Espada

3ª VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Javier Collazo Moares

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo de 1 mes desde a súa recepción, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra