Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 8941

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se modifica o anexo da Resolución do 21 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN541A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; no artigo 25 do anexo I da Orde do 15 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN541A), publicouse por medio da Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 21 de xuño de 2016 o extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da dita orde (DOG núm. 129, do 8 de xullo).

De acordo co previsto no artigo 17 do anexo I da Orde do 15 de febreiro de 2016, un dos concellos beneficiarios renunciou á axuda concedida antes do peche da listaxe de agarda. Co crédito dispoñible e ata o seu esgotamento, procedeuse á concesión das axudas aos concellos que estaban na dita listaxe.

Publícanse por medio desta resolución os beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 15 de febreiro de 2016. No anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios e o importe das axudas. A listaxe inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Subvenciones concedidas

Expediente

Beneficiario

NIF

Contía da axuda (€)

IN541A_2016/06

Concello de Boiro

P1501100J

150.578,13

IN541A_2016/01

Concello de Cambados

P3600600E

100.540,66

IN541A_2016/08

Concello de Cerceda

P1502400C

235.673,02

IN541A_2016/03

Concello de Friol

P2702000G

129.020,47

IN541A_2016/02

Concello de Outeiro de Rei

P2703900G

216.642,07

IN541A_2016/04

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

239.484,17