Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 8943

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se modifica o anexo da Resolución do 21 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código do procedemento IN519B).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; no artigo 24 do anexo I da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (IN519B), publicouse por medio da Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 21 de xuño de 2016 o extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da dita orde (DOG núm. 129, do 8 de xullo).

Mediante a Orde do 1 de setembro de 2016 ampliouse o crédito orzamentario inicial (DOG núm. 173, do 12 de setembro). Ademais, de acordo co previsto no artigo 16 do anexo I da Orde do 28 de decembro de 2015, un dos concellos beneficiarios renunciou á axuda concedida antes do peche da listaxe de agarda. Co crédito dispoñible e ata o seu esgotamento, concedéronse as axudas aos concellos que estaban na dita listaxe.

Publícanse por medio desta resolución os beneficiarios definitivos das axudas outorgadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2015. No anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas. A listaxe inclúe os beneficiarios que renunciaron á subvención.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Subvencións concedidas

Solicitante

NIF

Expediente

Finalidade

Contía da axuda (€)

Concello de Agolada

P3602000F

IN519B 2016/41-0

Asfaltado do polígono industrial.

95.966,19

Concello de Allariz

P3200200H

IN519B 2016/104-0

Triturador-deshidratador de materia orgánica.

14.423,20

Concello de Ames

P1500200I

IN519B 2016/75-0

Instalación de cámaras de seguridade no acceso do polígono industrial Novo Milladoiro.

21.170,73

Concello de Arzúa

P1500600J

IN519B 2016/12-0

Mellora da capa de rodaxe na rúa Talabarteiros, no polígono industrial de Arzúa.

37.573,34

Concello de Becerreá

P2700600F

IN519B 2016/07-0

Mellora de acceso ao parque empresarial.

120.000,00

Concello de Betanzos

P1500900D

IN519B 2016/47-0

Acondicionamento de vías do polígono industrial de Piadela-2ª fase.

55.758,14

Concello de Boqueixón

P1501200H

IN519B 2016/79-0

Conexión dos colectores de saneamento do polígono industrial de Sergude á rede xeral.

74.638,91

Concello de Cabanas

P1501500A

IN519B 2016/90-0

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do polígono industrial Vilar do Colo.

63.738,88

Concello de Cabanas

P1501500A

IN519B 2016/87-0

Mellora dos accesos do polígono industrial Vilar do Colo.

77.260,84

Concello de Cambados

P3600600E

IN519B 2016/35-0

Dotación de infraestruturas viarias no polígono industrial do Salnés.

113.518,29

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2016/57-0

Creación dun punto limpo no parque empresarial da Facha.

52.077,52

Concello de Campo Lameiro

P3600700C

IN519B 2016/93-0

Mellora de vías dentro do parque empresarial da Facha.

47.312,03

Concello da Cañiza

P3600900I

IN519B 2016/21B-0

Infraestruturas viarias no polígono industrial de Uceira.

9.123,26

Concello da Cañiza

P3600900I

IN519B 2016/21A-0

Infraestruturas viarias no polígono industrial de Ribadil.

107.298,90

Concello de Carral

P1502100I

IN519B 2016/88-0

Infraestrutura viaria no parque empresarial dos Capelos.

91.494,26

Concello de Cerceda

P1502400C

IN519B 2016/72-0

Mellora de eficiencia enerxética da iluminación pública no polígono industrial do Acevedo.

43.637,98

Concello de Cervo

P2701300B

IN519B 2016/46-0

Mellora da EDAR do polígono industrial de Cuíña.

118.843,30

Concello de Chantada

P2701600E

IN519B 2016/22-0

Reforma e posta en servizo da EDAR do polígono industrial Os Acivros.

82.147,38

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2016/71-0

Sistema contra roubo de cable no parque empresarial de Coirós.

3.110,18

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2016/65-0

Sistema de seguridade no parque empresarial de Coirós.

4.866,86

Concello de Coirós

P1502700F

IN519B 2016/69-0

Mellora de servizos enerxéticos do parque empresarial de Coirós.

64.317,46

Concello do Corgo

P2701400J

IN519B 2016/58-0

Urbanización reserva viaria RI-1 no parque empresarial do Corgo.

91.856,00

Concello de Cortegada

P3202800C

IN519B 2016/66-0

Urbanización da vía de servizo do parque empresarial de Cortegada.

120.000,00

Concello de Dodro

P1503300D

IN519B 2016/59-0

Mellora da vía sur no polígono industrial de Dodro.

119.733,13

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2016/90-0

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do polígono industrial Vilar do Colo.

75.060,80

Concello de Fene

P1503600G

IN519B 2016/87-0

Mellora dos accesos do polígono industrial Vilar do Colo.

37.776,90

Concello de Forcarei

P3601800J

IN519B 2016/63-0

Infraestruturas viarias no parque empresarial de Vilapouca.

89.852,15

Concello da Lama

P3602500E

IN519B 2016/18-0

Mellora da iluminación pública do polígono da Lama.

33.267,81

Concello de Melide

P1504700D

IN519B 2016/98-0

Reforma de cadros e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública do polígono industrial de Melide.

31.308,32

Concello de Mondoñedo

P2703000F

IN519B 2016/100-0

Reforma e aforro de iluminación pública no parque empresarial de Mondoñedo.

17.495,14

Concello de Mondoñedo

P2703000F

IN519B 2016/95-0

Mellora da sinalización e das infraestruturas viarias no parque empresarial de Mondoñedo.

56.778,31

Concello de Negreira

P1505700C

IN519B 2016/53-0

Colectores con vertedura á depuradora municipal.

45.113,26

Concello de Negreira

P1505700C

IN519B 2016/49-0

Dotación de servizos de aforro enerxético.

58.674,52

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B 2016/82-0

Instalación de sistemas contraincendios.

11.539,39

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B 2016/76-0

Instalación contedores soterrados.

42.918,72

Concello de Oleiros

P1505900I

IN519B 2016/86-0

Aforro de enerxía no parque empresarial Iñás II

37.357,80

Concello de Ordes

P1506000G

IN519B 2016/61-0

Mellora na rede viaria do polígono empresarial de Ordes.

85.277,38

Concello de Ortigueira

P1506200C

IN519B 2016/73-0

Melloras no punto de xestión de residuos.

12.445,73

Concello de Padrón

P1506600D

IN519B 2016/85-0

Mellora do acceso ao polígono industrial de Pazos.

102.266,16

Concello da Pastoriza

P2704400G

IN519B 2016/78-0

Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia no parque empresarial da Pastoriza.

24.648,94

Concello de Pontedeva

P3206500E

IN519B 2016/06-0

Mellora da vía de acceso ao polígono de Trado.

95.600,00

Concello do Porriño

P3603900F

IN519B 2016/101-0

Eficiencia enerxética na iluminación pública no polígono industrial A Granxa.

84.971,08

Concello do Porriño

P3603900F

IN519B 2016/37-0

Renovación e mellora da sinalización no polígono industrial A Granxa.

41.602,07

Concello de Portomarín

P2704900F

IN519B 2016/10-0

Mellora na infraestrutura viaria do polígono industrial de Portomarín.

53.588,61

Concello de Portomarín

P2704900F

IN519B 2016/09-0

Mellora da iluminación pública do polígono industrial de Portomarín.

42.406,98

Concello de Rábade

P2705600A

IN519B 2016/48-0

Reposición de pavimento na rúa do tanatorio do polígono empresarial de Rábade (segunda fase).

63.999,97

Concello de Ribadavia

P3207000E

IN519B 2016/30-0

Mellora da eficiencia enerxética na rede de iluminación pública no parque empresarial de Ribadavia.

22.948,46

Concello de Ribadavia

P3207000E

IN519B 2016/27-0

Mellora de vía no parque empresarial de Ribadavia.

97.008,30

Concello de Ribadumia

P3604600A

IN519B 2016/35-0

Dotación de infraestruturas viarias no polígono industrial do Salnés.

57.481,71

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2016/14-0

Pavimentación no polígono de Barreiros.

32.000,00

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2016/15-0

Ampliación e mellora do sistema de televixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas no sector principal.

47.911,16

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

IN519B 2016/16-0

Mellora da rede troncal de videovixilancia no polígono de Barreiros.

51.860,42

Concello de San Cristovo de Cea

P3207700J

IN519B 2016/84-0

Asfaltado de vías do polígono industrial de San Cristovo de Cea.

96.000,00

Concello de Santa Comba

P1507800I

IN519B 2016/04-0

Mellora da iluminación pública no parque empresarial de Santa Comba para o aforro e a eficiencia enerxética.

30.210,88

Concello do Saviñao

P2705800G

IN519B 2016/31-0

Acondicionamento de infraestruturas viarias do parque empresarial do Peago.

94.457,44

Concello de Silleda

P3605200I

IN519B 2016/20-0

Construción dunha nave para a xestión de residuos.

119.918,56

Concello das Somozas

P1508200A

IN519B 2016/32-0

Mellora de infraestruturas varias no parque empresarial das Somozas.

119.389,83

Concello de Taboada

P2706000C

IN519B 2016/29-0

Pavimentación e servizos da vía 20 do parque empresarial de Taboada.

96.000,00

Concello de Tui

P3605500B

IN519B 2016/36-0

Mellora da eficiencia enerxética na iluminación do parque empresarial de Areas.

56.084,50

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2016/05-0

Mellora da iluminación pública do polígono industrial de Tamallancos, Vilamarín.

46.773,50

Concello de Vilamarín

P3208800G

IN519B 2016/108-0

Mellora da sinalización do polígono empresarial de Vilamarín.

119.975,24

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

IN519B 2016/45-0

Mellora da vía de conexión do parque empresarial de Santa Marta coa estrada provincial OU-1114.

20.472,00

Concello de Vimianzo

P1509300H

IN519B 2016/56-0

Punto limpo no parque empresarial de Vimianzo.

119.086,88

Concello de Xove

P2702500F

IN519B 2016/01-0

Instalación de sistemas de videovixilancia no parque empresarial de Camba.

10.938,67