Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 8947

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. En virtude diso,

DISPOÑO:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

– A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca. 1,20 €.

– Carlos López García-Picos: Música a orillas del Atlántico. 20 €.

– Colección vitivinícola 2: A tonelería. 14 €.

– A arte de navegar: A colección de Antonio Rama. 10 €.

– El arte de navegar: La colección de Antonio Rama. 10 €.

– A contemplación do invisible: Iconas rusas. Colección Santos-Illueca. 30 €.

– A familia de Pascual Duarte. 20 €.

– Antoni Socías: Teoría y práctica del desierto. 30 €.

– Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. 24,50 €.

– A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico. 5 €.