Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do vixente Plan xeral de ordenación municipal para adaptar o ámbito do sector do solo urbanizable A-1.2 no Vao-Campañó, con ordenación detallada.

O Pleno da Corporación, en sesión do 27 de xaneiro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación, con carácter definitivo, ao documento refundido do «Proxecto de modificación puntual con ordenación detallada do vixente Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra, para o solo urbanizable A-1.2» no Vao-Campañó; redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e Amador Rey Camiño, e datado en decembro de 2016.

Segundo. Dispor a publicación do anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, con indicación expresa de que o contido íntegro do Plan estará a disposición do público na sede electrónica do Concello de Pontevedra www.sede.pontevedra.gal

Unha vez publicado anuncio no DOG o instrumento de planeamento aprobado será inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, por petición deste concello para o que se remitirá un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado pola Secretaría do Pleno.

O documento que conteña a normativa e as ordenanzas, ademais de na sede electrónica, será obxecto de publicación, unha vez recibido o certificado de inscrición no Rexistro do Instrumento de Planeamento, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra para lograr a súa eficacia e executividade, consonte ao establecido na lexislación de réxime local, concretamente artigos 70.2, 70 ter e 65 da Lei reguladora das bases do réxime local.

Incorporaranse ás normas e ordenanzas os informes sectoriais emitidos, e farase constar expresamente na publicación que a viabilidade do desenvolvemento e ulterior execución xurídica e habilitación das obras quedará condicionada á aprobación da permuta de terreos en tramitación pola Delegación de Economía e Facenda de Pontevedra e a posterior elevación a escritura pública e construción do muro que se converterá na aresta exterior da explanación da autoestrada.

Terceiro. Notificar este acordo individualmente, con ofrecemento dos recursos procedentes, á entidade mercantil Inmobiliaria Ponteno, S.L.U., así como a todas aquelas persoas titulares catastrais dos terreos afectados, ás cales xa se lles tivese notificado a aprobación inicial e aos demais que figuren como interesados no expediente. Notificar, así mesmo, o presente acto, á entidade entidade mercantil Bricoking, S.A., a quen se lle remitirá tamén, como resposta razoada, copia dos informes que serviron de base ou motivación á aprobación provisional do 2.3.2015 con parcial estimación das alegacións formuladas, xunto con copia dos posteriores acordos de aprobación provisional.

Contra este acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 10 e 46 da Lei 29/1998). Isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2017

O alcalde
P.S.
José Carlos Castiñeira Piñeiro
Secretario xeral do Pleno