Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8913

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do proxecto de conexión de saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro (expediente 01/16).

Por acordo da Presidencia do Consorcio de Augas do Louro do 23 de novembro de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Consorcio de Augas do Louro (expediente 01/16).

2. Obxecto do contrato: proxecto de conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 358.431,02 € (296.223,98 € máis 62.207,04 € de IVE). Prazo de execución: 4 meses (sen posibilidade de prórroga).

5. Garantías: 5 % da oferta económica

6. Prazo de presentación das proposicións: 26 días naturais, desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 19 de xaneiro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa