Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da convocatoria para prover unha praza de policía local.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 21, do 31 de xaneiro de 2017, foron publicadas integramente as bases que van a rexer a convocatoria para prover unha praza de policía local para o concello de Ribeira, por oposición libre, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría policía, grupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 31 de xaneiro de 2017

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde