Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8909

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de concesion demanial de nichos e columbarios do cemiterio municipal.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv. Telefono: 981 69 14 78.

v. Fax: 981 69 17 86.

vi. Correo electrónico: ana.linares@oroso.es.

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión demanial.

b) Descrición: concesión demanial sobre os nichos e columbarios do cemiterio municipal do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de concesión: 75 anos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

a) Canon de concesión:

i. Prezo por columna (4 nichos e 1 cinceiro): 3.525 euros.

ii. Prezo por nicho: 881,25 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: non se exixe.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: rematará aos 30 días hábiles a contar desde a data de publicación do derradeiro anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i. Dependencia. Rexistro Xeral do Concello.

ii. Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

7. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

Oroso, 25 de xaneiro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde