Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (442/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 442/2014 a instancia de Francisca Bestilleiro Roel contra a empresa Movimientos, Canalizaciones y Obras, S.L., e o Fondo de Garantía Social sobre cantidade, nos que recaeu sentenza en data 24.1.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Francisca Bestilleiro Roel fronte á empresa Movimientos, Canalizaciones y Obras, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Social e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Movimientos, Canalizaciones y Obras, S.L., a aboar a Francisca Bestilleiro Roel a cantidade de dous mil novecentos setenta e nove euros con setenta e dous céntimos de euro (2.979,72 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Movimientos, Canalizaciones y Obras, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 1 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial