Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8817

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1202/2015).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No procedemento sobre familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial, suposto contencioso número 1202/2015, ditouse sentenza número 43/2017 do 31 de xaneiro, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal presentada por Zaidali Yanina Sánchez de la Rosa, representada pola procuradora Sra. Romero Raño e asistida do letrado Sr. Méndez Senlle, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer un fillo menor de idade, fronte a Walter Junnior Díaz, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribución preventiva en exclusiva á demandnate do exercicio da patria potestade sobre o menor habido en común en cuestións de medidas sanitarias, educativas, de determinación de domicilio e residencia do menor, de expedición e renovación de pasaporte e administrativas análogas.

2º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre o citado menor.

3º. Suspensión de todo réxime de estadías e comunicacións do proxenitor non custodio.

4º. Fixación a cargo do demandado en favor do fillo común dunha pensión de alimentos de 150 euros/mes que se aboará de xeito anticipado nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante, pensión de alimentos que se actualizará anualmente conforme a variación precedente do IPC.

5º. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios do menor, logo da súa acreditación documental.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 ss. e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Walter Junnior Díaz, expídese esta edicto para que sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza